16 de outubro de 2021
Desde a Asociación Semente Monforte e todas as empresas e institucións colaboradoras nesta VII edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra felicitan aos gañadores, e a todos os participantes en xeral, pola altísima calidade dos proxectos presentados e o talento como emprendedores.
O xurado da VII Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, tras avaliar a presentación dos proxectos durante o día de hoxe, decidiu outorgar os seguintes premios:
Na presentación dos proxectos estivo presente o Conselleiro de Economía e Industria, Fracisco Conde, que ao remate, lembraba as verbas da presidenta de Semente de Monforte, Sara Fernández; a quen agora releva no cargo; Pilar López. “O proxecto do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra é o recoñecemento a unha ilusión,” dicía Sara Fernández e hoxe, Francisco Conde animaba a seguir esa traxectoria, que asegurou continuaría apoiando pola importante labor que fai na dinamización da innovación no rural e polo traballo transversal e de unidade contando coa colaboración de empresas, Universidade e administracións.