30 de outubro de 2018
A segunda edición de A Semente foi o que lle fixo falta a Susana Aguiar para darlle o empuxón que necesitaba a súa gran idea. Nese 2015 naceu Kalekói, un proxecto de iogures artesanais baseado na materia prima local e de calidade. Tanto, que o seu produto está tamén nas mesas de restaurantes con estrelas Michelín. Pero mellor que nolo conte ela mesma.
Aquí van sete preguntas a segunda gañadora do noso concurso de proxectos empresariais:
Es titulada en Enxeñería Industrial, con todo decidiches seguir o camiño do emprendemento. Que motivos leváronte a iso?
Logo de estar uns anos en empresa allea, traballando como enxeñeira, decateime de que non quería pasar o resto da miña vida facendo o mesmo, polo que a partires ahí xurdiu a opción de emprender algo propio.
Na túa opinión, que lle pode ofrecer Galicia a un mozo emprendedor que quere desenvolver o seu proxecto na comunidade?
Dependendo no sector que queiras emprender pode axudar en maior o menor medida. Está claro que a día de hoxe a marca Galicia vende fóra da nosa comunidade. Neste caso, tratamos de poñer en valor o noso rural.
Cal dirías que é a lección máis importante que aprendiches os últimos anos levando adiante unha empresa como Kalekói?
O máis importante sen dúbida é a experiencia e a formación previa. Aínda que emprendas nun sector que non teña moito que ver coa túa formación (facer iogures non ten moito que ver coa enxeñería), son moi importantes tanto os coñecementos dos que dispós como a capacidade de buscar a solución axeitada para superar o día a día dunha nova empresa.
Kalekói inviste en materia prima local e consigue chegar ás mesas de estrelas Michelín. Dirías que hai unha tendencia no mercado de demanda de produtos máis “artesanais”?
Si, realmente existe unha tendencia ós produtos Km. 0, pero de calidade.
Mais alá dos restaurantes Estrela Michelín que tenden a nutrirse de materia prima local sempre e cando encaixe no que eles buscan, a día de hoxe, a maior parte dos profesionais da hostalería buscan un produto diferenciado.