23 de xuño de 2021
O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Mantense a idea coa que se creou a asociación Semente Monforte, facendo reverter na cidadanía o premio da Lotaría do Neno do ano 2014. Chegados á VII edición, o Concurso segue consolidándose con novas colaboracións e maiores incentivos económicos para os emprendedores.
O prazo de presentación de ideas remata o 30 de xuño a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde, podendo participar calquera persoa física de calquera lugar do mundo. Terán preferencia os proxectos vinculados co territorio Ribeira Sacra; se ben teñen obtido premios proxectos alleos á Ribeira Sacra, pero importantes para o xurado polo seu carácter innovador e transformador noutros ámbitos.
A estrutura da presentación da idea debe contar con:
O 15 de Xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso. As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de Setembro do 2021, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.
Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto (presencial ou telemáticamente segundo as posibilidades de desprazamento pola situación da COVID-19).
O fallo do xurado darase a coñecer o día 16 de Outubro do 2.021, sempre que as circunstancias o permitan.
A situación de pandemia na que nos atopamos impúlsanos a aumentar a colaboración e increméntase a dotación dos premios que nesta VII edición son os seguintes: