16 de marzo de 2019
Na V edición do Concurso aproveitouse a entrega de premios para anunciar que o concurso pasaba a ser Concurso de Proxectos Empresariais “Semente da Ribeira Sacra”, polo que na VI edición se incoporarían ao certame concellos da Ribeira Sacra e a Deputación de Ourense.
Na convocatoria 2018-2019 deuse de prazo para presentar as ideas participantes no concurso, de comezos de outubro ao 30 de novembro do 2018. Presentáronse 54 ideas das máis variadas áreas e as 10 ideas seleccionadas para presentar o proxecto ante o xurado foron:
O 16 de marzo do 2019, as ideas seleccionadas defendían o seu proxecto ante o xurado no Parador de Turismo de Monforte, resultando gañadoras:
Patrocinios
Na V edición o Concurso de Proxectos Semente de Monforte contou co patrocinio das seguintes institucións: IGAPE, Deputación Provincial de Lugo, Deputación Provincial de Ourense, Concello de Monforte, Concello de Sober, Concello da Pobra do Brollón, Concello de Pantón, Concello do Saviñao, Concello de Bóveda, Concello de Chantada.
Neste ano súmanse ás anteriores como empresas patrocinadoras: Lugar Daveiga S.L.L., Naturgy Energy.
Contando coa colaboración de: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago, Universidade da Coruña.
Promoción e divulgación do concurso
O 6 de maio deste ano celébrase unha reunión en Santiago coa Vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, María del Mar Lorenzo Mondelo. O encontro serviu para explicar a actividade de Semente co Concurso de Ideas Empresariais, destacando a relación que se dá entre as empresas colaboradoras e os finalistas do concurso, que reciben así asistencia técnica e, económica segundo o caso, para sacar adiante os seus proxectos.
Na reunión tamén se deu conta do novo proxecto de Cooperativas no que traballaba Semente para presentar nos centros de ensino e que a Vicerreitora felicitou pola súa idoneidade para FP ciclo medio e superior e despois levalo á Universidade. O encontro conclúe coa proposta da Vicerreitora de asinar un convenio con Semente para a colaboración de ambas as entidades. Isto supuxo tamén a aparición de Semente na web da Universidade.
Meses despois desa reunión, o 25 de setembro, celebramos unha reunión con Xosé Lois Lamazares de Daveiga, Produción Responsable; para a posta en marcha do proxecto de cooperativas que se materializou nun Programa de Fomento da Economía Social, a Innovación e o Desenvolvemento Sostible da Galicia Rural 2019-2020. Previo á súa posta en marcha celebraríase outra reunión de Semente cos responsables de Daveiga Produción Responsable e os encargados de diferentes centros onde se desenvolvería o Programa.
Finalmente o programa lévase a cabo coa colaboración de Semente Monforte para coordinar as accións cos IES e con Espazo Coop, Aesgal, USC, Facendo Empresa e Master Dein. Nos seminarios Daveiga encárgase da parte teórica e práctica, informando do seu proxecto de economía social e dase a coñecer tamén o Concurso de Ideas Empesariais de Semente como apoio para a posta en marcha de iniciativas innovadoras, social e economicamente sostibles.
Os seminarios desenvolvéronse segundo o seguinte calendario:
O éxito da actividade auguraba un futuro interesante. En 2020 chegaría a pandemia.