Histórico

VIII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

16 de decembro de 2022

VIII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

No ano 2022 celébrase a VIII edición do Concurso de Proxectos Empresariais  Semente Ribeira Sacra, volvíase á normalidade despois do tempo de pandemia e recuperaríanse as presentacións presenciais.

O 31 de maio terminaba o prazo de presentación de ideas para esta edición do certame. Nesta ocasión inscribíronse unhas 70 ideas, maioritariamente de Galicia, pero con presenza de propostas chegadas de toda España. O 20 de xullo coñecíase o nome das dez ideas que o xurado consideraba de maior interese conforme aos obxectivos do concurso, tiñan que presentar o proxecto finalizado antes do 30 de setembro:

  • Lácteos Ribeira Sacra // Comercialización de produtos propios.
  • Energhius: Smarth energy harvesting // Tecnoloxía para dotar de enerxía dispositivos loT.
  • Toxo // Laboratorio cosmético.
  • FungiGal // Produción de fungos comestibles.
  • Peral Project // Novas tecnoloxías para o benestar das persoas maiores.
  • A Maruxiña // Granxa de galiñas en ecolóxico e centro de interpretación.
  • Elaboración sostible de tepes para xardinería.
  • As barricas da Ribeira // Aloxamento turístico en barricas.
  • Casa Do Curuxo // Aloxamento e bodega, economía circular.
  • Beniu Soluciones // Tratamentos fitosanitarios con drons.

12 de novembro os proxectos finalistas presentáronse ante o xurado en exposicións de 15 minutos de duración que se levaron a cabo no Parador de Turismo de Monforte. Os 18.000€ para incentivar o emprendemento repartíronse do seguinte xeito:

1º Premio: Lácteos Ribeira Sacra – 10.000 €
2º Premio: A Maruxiña – 5.000€
3º Premio: Beniu Soluciones – 3.000€

A entrega de premios e de diplomas a todos os finalistas fíxose despois da cea de confraternidade celebrada no Parador de Monforte, na que participaron o Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, alcaldes do concellos que colaboran coa iniciativa e representantes das empresas que tamén a avalan. Tamén se contou coa asistencia dos finalistas no concurso e dos gañadores de edicións anteriores, presentando o acto a presidenta de Semente Monforte, Pilar López.

Desde o seu inicio o concurso ten contribuído a impulsar máis dunha vintena de proxectos que se se convertiron en realidade. A Asociación Semente de Monforte, que promove este concurso, nacía no 2014 despois de caer a Lotería de Reis na cidade.

 

Patrocinios

Na VIII edición o Concurso de Proxectos Semente Ribeira Sacra contou co patrocinio das seguintes institucións: IGAPE,  Deputación Provincial de Ourense, Concello de Sober, Concello A Pobra do Brollón, Concello de Pantón, Concello do  Saviñao, Concello de Bóveda, Concello de Chantada.

As empresas patrocinadoras foron: Barbosa e Hijos, Hijos de Rivera  S.A., Gadisa, Inveravante, R-cable y telecomunicaciones, Dimaga, CT. Galega, Lugar Daveiga SLL, Rectoral de Amandi, Sicyme e Palacio Bus.

Contando coa colaboración de: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago, Universidade da Coruña, Escuela de Organización Industrial, GDR Ribeira Sacra Courel.

 



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Monforte de Lemos   -   Lugo   -   semente@sementeribeirasacra.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com