BASES DA CONVOCATORIA 2025
XI CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS
“SEMENTE RIBEIRA SACRA"
A Asociación SEMENTE MONFORTE DE LEMOS en colaboración coas empresas que se relacionan no anexo destas bases, a Deputación de Ourense, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Medio Rural), os Concellos do Saviñao, A Pobra do Brollón, Sober, Pantón e Bóveda, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, AGADER e a Escola de Organización Industrial (EOI) convocan o XI CONCURSO DE PROXECTOS EMPRESARIAIS “SEMENTE RIBEIRA SACRA” coa finalidade de estimular ás persoas que teñan unha idea para fomentar o emprendemento empresarial conforme ás seguintes bases
Artigo 1. PARTICIPANTES
Poderá participar calquera persoa física que propoña unha idea empresarial. Poderá presentarse calquera proxecto, a excepción dos premiados en calquera das anteriores edicións do Concurso de Proxectos Empresariais SEMENTE RIBEIRA SACRA.
Artigo 2. SOLICITUDES
As persoas interesadas deberán cumprimentar a súa inscrición a través do sitio web: www.sementeribeirasacra.org
Artigo 3. DOCUMENTACIÓN
Os concursantes presentarán as súas ideas a través dun formulario ao efecto na web www.sementeribeirasacra.org, coa información detallada no ANEXO II.
Artigo 4. PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 15 de marzo ao 31 de maio de 2025. Non se admitirá ningunha solicitude rexistrada fóra do prazo indicado.
Artigo 5. FORMA
As solicitudes e a documentación establecidas nos artigos 2 e 3 só poderán presentarse telemáticamente a través da web: www.sementeribeirasacra.org
Artigo 6. XURADO
O xurado estará composto por:
Un representante de cada unha das empresas que patrocinan o presente concurso.
Un representante da Deputación de Ourense
Un representante da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Medio Rural
Un representante do Concello do Saviñao.
Un representante do Concello de Chantada.
Un representante do Concello de Pobra de Brollón.
Un representante do Concello de Pantón.
Un representante do Concello de Sober.
Un representante do Concello de Bóveda.
Un representante de cada unha das Universidades de Galicia: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
Un representante de Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da Universidade.
Un representante da Xunta de Galicia.
Dous representantes de Medio Rural
Un representante da Escola de Organización Industrial. (EOI)
Dúas persoas que designe a Asociación Semente Monforte de Lemos.
Artigo 7. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE IDEAS
O xurado seleccionará as 10 ideas que considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso. Haberá 3 de reserva ás que se recorrerá en caso de que alguna das 10 finalistas se retire antes do 31 de agosto.
O xurado poderá ser asesorado por unha comisión técnica creada para este efecto.
Artigo 8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PROXECTOS
Unha vez seleccionadas as 10 ideas finalistas, máis 3 de reserva, o xurado farao público o 23 de xullo de 2025 no sitio web www.sementeribeirasacra.org.
Os concursantes seleccionados deberán confirmar a súa intención de participar na fase final entre o 23 e o 31 de xullo de 2025. Neste período aos finalistas que confirmen participar na final enviaráselles o plan de formación que se executará durante 3 meses, no primeiro semestre do 2026 coa colaboración do AGADER. Os finalistas interesados/as no plan de formación deberán confirmar a súa participación no plan formativo entre o 23 e o 31 xullo de 2025.
As persoas cuxas ideas sexan seleccionadas e teñan confirmada a súa participación, segundo o indicado anteriormente, deberán entregar entre o 01 de agosto e o 30 de setembro de 2025 o proxecto rematado. Aportarán arquivos en formato PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org segundo o anexo III.
Unha vez presentada a documentación o xurado convocará a cada un destes proxectos para a súa exposición e defensa que se realizará no Parador de Turismo de Monforte de Lemos o sábado, día 8 de novembro, de 2025. Ese mesmo día o xurado emitirá o seu fallo e entregaranse os premios.
Artigo 9. VOTACIÓNS DO XURADO.
No proceso de selección dos 3 mellores proxectos considérase fundamental que o xurado asista ás presentacións dos proxectos que se levan a cabo no Parador de Turismo de Monforte. O xurado puntuará as 10 ideas finalistas do 1 ao 10, de modo que 10 será a maior puntuación e 1 a menor.
Os membros do xurado que non poidan acudir á presentación dos proxectos poderán enviar o seu voto por correo electrónico ao enderezo semente@sementeribeirasacra.org ata o 7 de novembro de 2025. As votacións por correo tamén puntuarán do 1 ao 10, pero no reconto de puntuacións terán a metade de valor que as votacións presenciais onde o xurado asiste ás presentacións. Suprímese a opción de delegación de voto.
As votacións serán secretas. No momento das votacións, de producirse algún empate, este será resolto cunha segunda votación por parte dos membros do xurado presentes no acto. De persistir o empate, logo da votación dos membros do xurado presente, será a Asociación Semente quen teña o voto de calidade.
Artigo 10. VALORACIÓN DE IDEAS E PROXECTOS
As ideas e proxectos que formulen o seu desenvolvemento na Ribeira Sacra terán unha consideración especial na súa valoración. O mesmo ocorrerá cas ideas e proxectos que teñan como obxectivo desenvolver o medio rural da Ribeira Sacra e a posta en valor dos seus recursos endóxenos.
Artigo 11. PREMIOS
Os premios, que estarán suxeitos á retención legal* correspondente, concederanse por proxecto con independencia do número de participantes no mesmo e a súa contía será a seguinte:
1º premio: 10.000 €
2º premio: 6.000 €
3º premio: 4.000 €
Plan de Formación para os 10 proxectos que se presenten á final e manifestaran, entre o 23 e o 31 de xullo de 2025, o seu interese en participar no plan formativo que se desenvolvería no primeiro semestre do 2026. As accións formativas financiadas polo AGADER desenvolveranse durante 3 meses no primeiro semestre do ano 2026, sendo gratuitas para os participantes.
Cada unha das ideas seleccionadas recibirá un diploma de participación nesta edición do Concurso.
*Conforme á lexislación vixente será retida a porcentaxe actualizada de IRPF.
Artigo 12. ENTREGA DE PREMIOS E DIPLOMAS
As persoas gañadoras e finalistas recibirán os premios e diplomas nun acto público que se celebrará o mesmo día, 8 de novembro de 2025, durante a cea no Parador de Turismo de Monforte de Lemos.
Artigo 13. FINANCIAMENTO DE PROXECTOS
Á marxe destas bases, as empresas que participan no concurso poderán propor financiamento para calquera dos proxectos finalistas, en cuxo caso as condicións serán as que pacten as partes de forma privada sen ningún compromiso para a organización do premio se ben no caso de realizarse a organización poderá facelo público.
Artigo 14. ACEPTACIÓN DAS BASES
A presentación ao concurso implica a plena aceptación da totalidade das súas bases e do fallo do xurado.
ANEXO I: Empresas e entidades colaboradoras:
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
AGADER
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
ANEXO II: Explicación da idea e proxecto empresarial (art. 3 das Bases da Convocatoria 2024 do Concurso de Proxectos Empresariais “Semente Ribeira Sacra”)
Título do proxecto (máx. 20 palabras).
Descrición xeral da idea (máx. 300 palabras).
Investimento a realizar (máx. 20 palabras).
Postos de traballo a crear. (máx. 50 palabras).
Oportunidade do proxecto (máx. 150 palabras).
Puntos fortes do proxecto (máx. 150 palabras).
Breve descrición temporal da formulación e implantación do proxecto: fases, prazos, etc. (máx.150 palabras).
Outros premios acadados. (máx. 50 palabras).
Destino do premio, en caso de ser seleccionado. (máx. 50 palabras).
Integrantes e antigüidade da empresa. (máx. 50 palabras).
Financiamento obtido para o proxecto. (máx. 50 palabras).
ANEXO III: Explicación da idea e proxecto empresarial (art. 8 das Bases da Convocatoria do X Concurso de Proxectos Empresariais “Semente Ribeira Sacra” ano 2024)
Título do proxecto (máximo 20 palabras).
Descrición xeral do idea (máx. 300 palabras).
Análise do contorno.
Formulación da matriz DAFO (puntos débiles, ameazas, fortalezas e oportunidades).
Xustificación do proxecto en función das capacidades do equipo emprendedor e das oportunidades do contorno.
Explicación do xeito que se acometerá para superar as debilidades do proxecto e afrontar as ameazas do contorno.
Xustificación da viabilidade comercial do proxecto.
Xustificación da viabilidade técnica do proxecto.
Descrición dos investimentos precisos e das fontes de financiamento.
Obxectivos que se pretenden acadar con calendario de realización.
Cronograma do proxecto: horizonte anual.
Planificación no medio e longo prazo: horizonte 5 anos.
Proxeccións financeiras (vendas, custos, investimentos, financiamento, etc.)
Plan financeiro a 5 anos: contas de resultados e balances previsionais, estado previsional de recursos xerados, de necesidades netas do capital corrente, orzamento de capital e estado provisional de tesouraría.
Análise da viabilidade económico-financeira do proxecto
Comentarios finales