18 de marzo de 2017
III Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte
A III edición do Concurso tivo de prazo para presentar as ideas do 14 de outubro do 2016 ao 15 de novembro do 2017.
Presentáronse 68 ideas; cunha mellora significativa na calidade xeral das propostas. As ideas seleccionadas para que presentaran os seus proxectos ante o xurado foron:
- Root&Fish. Produción integrada de peixes e prantas.
- Reino de Mencía, Sociedade Cooperativa Galega. Granxa escola na Ribeira Sacra.
- i2biotech. Investigación e innovación en biotecnoloxía
- Withoutrees. Reciclaxe de residuos do granito.
- Creación dunha granxa ecolóxica para elaboración de lácteos e produción de ovos e diferentes tipos de carnes.
- Ensamble. Sistema de fabricación industrial 4.0 de edificios sostibles formado por pezas arquitectónicas conectables, desconectables e reubicables.
- Centro de día para persoas con dependencia física
- PrefApp. Contratación simplificada de servizos cloud.
- Proxecto Coompensa. Produción enerxía térmica por biomasa.
- Concentra2. Plataforma para a xestión da concentración parcelaria.
Os proxectos foron defendidos ante o xurado o 18 de Marzo de 2017, no Parador de Turismo de Monforte, resultando gañadores:
- Root&Fish. Producción integrada de peixes e prantas.
- Creación dunha granxa ecolóxica para elaboración de lácteos e produción de ovos e diferentes tipos de carnes.
- Withoutrees. Reciclaxe de residuos do granito.
Patrocinios
Na III edición o Concurso de Proxectos Semente de Monforte contou co patrocinio das seguintes institucións: IGAPE e Concello de Monforte.
Neste ano súmase ás anteriores como empresa patrocinadora: Fundación Orozco López.
Contando coa colaboración de: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago, Universidade da Coruña.