Histórico

VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

26 de setembro de 2020

VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Nesta convocatoria a iniciativa adquire unha nova dimensión coa incorporación da Deputación de Ourense e os concellos de Sober, A Pobra do Brollón, Chantada, Bóveda, Pantón e O Saviñao e pasa a chamarse Semente Ribeira Sacra. Se ben a filosofía do Concurso segue sendo incentivar proxectos empresariais, prestarase especial atención aos proxectos innovadores e con preferencia aos vinculados co territorio Ribeira Sacra, para desenvolver o medio rural e a posta en valor dos seus recursos; pero ábrese a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial.

Co cambio de nome estréase nova web sementeribeirasacra.org, que ofrece información completa e bases do Concurso de Proxectos Empresariais, así como a posibilidade de inscribirse, presentar as ideas e os proxectos a través da web. Unha web que ademais se abre para chegar a máis lugares, unha vez que a convocatoria ten carácter internacional.

Entre mediados de xaneiro do 2020 e o 16 de febreiro abríase o prazo de presentación de ideas para esta edición do certame. Nesta ocasión incribíronse 112 persoas e 87 ideas son as que cumpren con todos os requisitos. A maioría corresponden a ideas feitas desde Galicia e delas a metade son do territorio Ribeira Sacra. A convocatoria deste ano abríase a todo o mundo e houbo propostas tamén, de Andalucía, Madrid ou Comunidade de Valencia. A nivel internacional, contábase cunha proposta chegada desde Perú. O 1 de marzo coñecíase o nome das dez ideas que o xurado consideraba de maior interese conforme aos obxectivos do concurso, tiñan que presentar o proxecto rematado antes de mediados de abril.

  • SEND2ME. Buzón electrónico para entrega de paquetería
  • Recovery Blood. Revalorización do sangue e otros subprodutos da industria cárnica.
  • MONXeado. Xeados creativos naturais da Ribeira Sacra
  • TimberSoul Innovations. Construción con madeira local
  • Futuralga. Fabricación de envases a partir de algas
  • Sistemas biodixestivos para zonas rurais e urbanas de baixo custo
  • REFIX – Atlantic Sea Water. Bebidas isotónicas con auga de mar
  • Parques fotovoltaicos comunitarios
  • Trasdeza Natur. Transformación de produtos de horta, con selo ecolóxico
  • App & Down. Aplicación intelixente para personas con síndrome de Down

Nesta edición o calendario viuse alterado pola pandemia da Covid19 e o 26 de setembro foi cando, finalmente, os candidatos presentaron os proxectos seleccionados por videochamada nunha exposición de 15 minutos de duración que se levou a cabo no Parador de Turismo de Monforte. A data prevista en inicio para a presentación era o 9 de maio.

O Concurso volvía aumentar a dotación dos seus premios e para esta edición contábase cos seguintes premios:

  • 1º Premio – 10.000€
  • 2º Premio – 7.000€
  • 3º Premio – 3.000€

Os proxectos gañadores na VI edición foron:

  • Recovery Blood. Revalorización do sangue e otros subprodutos da industria cárnica.
  • Trasdeza Natur. Transformación de produtos de horta, con selo ecolóxico
  • Timbersoul Innovations. Construción con madeira local

Patrocinios 

Na VI edición o  Concurso de Proxectos Semente de Monforte contou co patrocinio das seguintes institucións: IGAPE, Deputación Provincial de Ourense, Concello de Sober, Concello da Pobra do Brollón, Concello de Pantón, Concello do Saviñao, Concello de Bóveda, Concello de Chantada.

Neste ano súmanse ás anteriores como empresas patrocinadoras: Sicyme 2012 S.L., Palacio Bus S.L.

Contando coa colaboración de: Universidade de Vigo, Universidade de Santiago, Universidade da Coruña.


Programa de Fomento da Economía Social, a Innovación e o Desenvolvimiento Sostible da Galicia Rural

Desde Semente seguíase traballando na divulgación do seu Concurso de Ideas Empresariais para fomentar a innovación no rural e Daveiga Produción Responsable seguía adiante cos seus programas para afondar na economía social. O 31 de xaneiro celebrábase un novo encontro entre os responsables de ambas as iniciativas. No desenvolvemento do Programa de Economía Social promovido por Daveiga constatouse o éxito da iniciativa unha vez que os profesores consideraron que debía de ser unha materia curricular e aseguraron tentar conseguilo.

En plena campaña de promoción deste proxecto conxunto, con resultados moi satifactorios, con presenza nos medios, con respaldo público e privado e sobre todo, con resultados transformados en beneficios sociais e empresas sostibles que nacen no rural, chegou a pandemia en marzo de 2020.
 

Concurso Extraordinario de Proxectos Empresariais fronte a Covid19

No 2020 a Asociación Semente Monforte creou un Concurso Extraordinario para buscar solucións innovadoras en tempos de Covid19. A Asociación non podía quedar sen facer a súa aportación nestes momentos de pandemia e convocou o Concurso de Proxectos Empresariais fronte a Covid19 co obxectivo de impulsar a creatividade de proxectos empresariais cunha compoñente tecnolóxica que fagan fronte a problemática  da  COVID-19 en calquera das súas manifestacións. A convocatoria, cun primeiro premio de 10.000 e un segundo de 5.000 euros, terminouse dando por deserta.

 



Participa!

Presenta a túa idea de emprendemento no X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra ata o 31 de maio!


- Patrocinan -
- Colaboran -


Asociación "Semente de Monforte"

   

Monforte de Lemos   -   Lugo   -   semente@sementeribeirasacra.org

Información legal   -   Política de Privacidade   -   Uso de Cookies

Prodesin.com