X Concurso Proxectos Empresariais
Semente Ribeira Sacra
Convócase a X Edición do Concurso de Proxectos Empresariais, co obxectivo de impulsar a creatividade de proxectos empresariais .
Búscanse proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.
1º Premio - 10.000 €
2º Premio - 6.000 €
3º Premio - 4.000 €
Do 1 de marzo ao 31 de maio está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 22 de xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso, haberá 3 de reserva ás que se recorrerá en caso de que algunha das ideas finalistas se retire antes do 31 de agosto.
A estrutura da presentación da idea debe contar con:
As ideas seleccionadas presentarán entre o 1 de agosto e o 30 de setembro do 2024, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.
Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto, na xornada de mañá do día 26 de outubro, no Parador de Turismo de Monforte. Pola noite, tamén no Parador, celebrarase a entrega de premios e a cea de clausura desta X edición do Concurso de Proxectos Empresariais.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Poderá participar calquera persoa física, de calquera parte do mundo, que propoña unha idea empresarial a excepción dos premiados en calquera das anteriores edicións do Concurso de Proxectos Empresariais SEMENTE RIBEIRA SACRA.
COMO PODO PARTICIPAR?
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende as 00.00h do 1 de marzo de 2024 ata as 23.59h do 31 de maio de 2024.
A inscrición, que é gratuita, deberá realizarse telemáticamente a través da web www.sementeribeirasacra.org
HAI IDEAS CUN VALOR ENGADIDO?
As ideas e proxectos que formulen o seu desenvolvemento na Ribeira Sacra terán unha consideración especial na súa valoración.
O mesmo ocorrerá coas ideas e proxectos que teñan como obxectivo desenvolver o medio rural da Ribeira Sacra e a posta en valor dos seus recursos endóxenos.
COMO É O PROCESO DE SELECCIÓN?
O 22 de xullo de 2024 publicarase o nome das 10 ideas co xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.
As ideas seleccionadas disporán de prazo ata o 30 de setembro de 2024 para presentar o seu proxecto no formato que establecen as bases e deberán facer unha presentación telemática nada data que a organización o estime.
CANDO SE FALLA O CONCURSO?
O sábado 26 de outubro do 2024.
Está formado por persoas de importantes empresas e das institucións máis relevantes de Galicia en materia empresarial.
A composición é a seguinte: